Autor: David Edmonds e John Eidinow
Título Orixinal: Bobby Fischer Goes to War
Ano: 2006
Para todo o mundo en xeral, e para os siareiros do xadrez en particular, a figura de Bobby Fischer é un estrela intermitente que brila polo seu gran xogo no taboleiro e polo seus éxitos, e apágase pola súa vida antisocial e as súas declaracións fóra de lugar.
O libro trata de facer un esbozo do Match polo campionato do mundo de 1972, que enfrentou por primeira vez a un americano contra a hexemonía soviética neste deporte e que acabou de catapultar a Fischer como o mellor xogador da súa época. Para isto os autores recopilan información tanto dun lado ó outro do muro, como na propia Islandia onde se xogou o encontro, para poder ofrecernos unha visión completa e obxectiva do que alí sucedeu realmente e acabar cos mitos e as suposicións que existen sobre este episodio da Guerra Fría.
Ó meu modo de ver é un libro interesante, que aclara un acontecemento da Guerra Fría e o coloca en perspectiva e obxectivamente. Ademais o libro ten un detalle que o fai asequible para todo tipo de lectores, ou que non sabe xogar pero quere saber que foi o que realmente sucedeu, e é que, e as referencias a este xogo son mínimas polo que pode ser lido incluso polos que non saben xogar sen ver interrompida a súa lectura ou sen parecerlles que perden o fío; aínda que curiosamente este detalle tamén é para min un punto negativo debido a que as poucas alusións ó xogo son vagas, imprecisas e difíciles de entender para os que si xogamos polo que o libro neste punto perde interese para os afeccionados.
É por tanto, un libro bastante recomendable e que nos achega a un anaco pouco tratado da rivalidade entre Estados Unidos e A URSS na guerra fría.

0 pensamentos:
Enviar um comentário