Pois ben, non é que me esquecera do asunto, prometo que xa teño varios posts comezados pero é que o pouco tempo libre destes meses non me permite aínda rematalos, polo que ós interesados rógolles calma.
Nembargantes, en parte como rendención e en parte con fin informativo, destaco unha páxina moi interesante que non sei se a coñeceredes xa. A comunidade Unilang.
Unilang é unha páxina ó estilo wiki, onde podemos atopar diferentes recursos para aprender ou achegarnos a diferentes linguas: dende gramaticas, cursiños gratuitos ou cursos de fonética. O problema radica en que a páxina funciona a base da colaboración dos usuarios, e polos recursos xa creados nas diferentes linguas; polo que atoparemos linguas como catalán (cun forte respaldo gubernamental no tema dos recursos na rede) con máis recursos que outras (como pode ser a nosa).
De tódolos xeitos, é un portal moi interesante que nos pode achegar a esas linguas que nos interesan, e aprendelas a nivel afeccionado. Pode que aínda lle falte crecer nalgúns aspectos, pero coa axuda de todos poderemos ir pulindo as carencias.
Se algún coñecedes outros portais ou páxinas sobre recursos das diversas linguas, non vós cortedes en dicilo.

0 pensamentos:
Enviar um comentário