Autor: H. G. Wells
Título Orixinal: The island of Dr. Moreau
Ano:1896
Wells parte dunha premisa non moi novidosa, a do home xogando a ser deus. Un naúfrago consegue chegar a unha estraña illa onde os animais teñen apariencia humana debido ó xenio do Dr. Moreau, o cal é reverenciado por eles, xa ben por se-lo creador como por medo.
A historia manida, ata certo punto na historia da literatura, e simple réstanlle puntos a unha obra que fala do perigo do avance científico sen control (Moreau consegue os seus anihomes gracias a ciruxía, pero hoxe en día a xenética podería crear monstruos así de non ser controlada).
Na miña opinión, a novela está ben e fai pasar un rato entretido, pero amorece na súa concepción descritivva dos feitos, cinguíndose so a estes e faltándolle algo de introspección das personaxes. Tampouco estaría demais máis datos sobre a organicación da "sociedade" e das relacións entre si destes anihomes, na que case non profundiza. Aínda así a novela consegue ben o seu obxectivo primario que é entreter, e como boa novela de medo consegue dar noxo e certo arrepío; que a fin de contas é o que o lector destes relatos busca, que o asusten de verdade.

2 pensamentos:
Vin a película deste libro xa fai bastantes anos. Da medo todo o que se pode facer. Hoxe mesmo viña no periódico que acaban de crear Ratos sen medo, inutilizando os receptores olfativos ... , xa crearon tamén outros ratos que corren durante horas e non se cansan .... Modificacións Xenéticas... eu prefiro non pensar ata onde imos a chegar, pero é verdade que a ciencia non hai quen a pare, unha vez que está en marcha .... vai ser peor que a pólvora ....
Tes razón, é terrorifico o que podedomos chegar a facer. Concretamente acódrome dun intento de facer un cocho sen pelo, a base dalgunhas modificacións, para que así non se perderá tempo ó matalo. E si, conseguir o cerdo sen pelo conseguíronno pero o pobre do becho morreu os poucos días de queimaduras porque a pel non soportaba os raios solares.
En canto á pelicula, so vin un pequeno cacho, pero acórdome que me creará "gran conmoción" polo tema da xenética e dos anihomes,isto foi un dos factores polos que rematei lendo o libro. Un día destes teño que ver as pelis, tanto a antiga coma a moderna.
Enviar um comentário