Autor: Teresa Andreu
Título Orixinal: Astrología y Mitología, los mitos que vivimos
Ano:2000
Teresa Andreu, barcelonesa dedicada á astroloxía psicolóxica dende 1982, presenta un estudio dos arquetipos representativos de cada signo.
Partindo dunha explicación de que son os mitos e os arquetipos, a autora vainos describindo cada signo a partir do mito clásico do signo ( non olvidar que segundo os gregos cada constelación foi posta nos ceos polos deuses como recordatorio de fazañas) e das personaxes que acometen a acción deste mito e finalmente comparandoo con outras mitoloxías; e expoñendo casos reais que a autora tratou que representan os arquetipos explicados.
Debo recoñecer que como me gustan os dous temas centrais do libro, a astroloxía e a mitoloxía, o libro foi para min unha delicia. Agora ben, sendo obxectivos o libro está ben estruturado, as explicacións son completas e sinxelas sen caer en léxico técnico e sobrecargado. As explicacións dos arquetipos dos mitos tratan de desmeduzar a este ata os seus componentes psicolóxicos.
É un libro moi recomendable para persoas interesadas na astroloxía xa que a presenta dende outra perspectiva, e pode ser un libro en certo grao introductorio do tema pero sen olvidar completar o estudio cunha base. Pero o libro non é so para xente interesada nas estrelas, xa que o seu estudio dos mitos clásicos faino moi atractivo para afeccionados á mitoloxía; e o seu vocabulario sinxelo e falto de tecnicismos aparte da súa boa estrutura faino accesible a calquera curioso sobre o tema que o queira ler.

0 pensamentos:
Enviar um comentário