Autor: Jaroslav Hasek
Título Orixinal: Osudy dobrého vojáka Švejka za světové války
Ano: 1921-22
Posiblemente sexa a obra checa máis coñecida internacionalmete, e incluso algúns a consideran "O Quixote checo" pola súa xenialidade e ironía. Incluso foi considerado como " o alegato antibelicista máis profundo e cheo de humor que produciu a literatura universal".
Pode que todas estas afirmacións sexan desmedidas, o que é certo é que o autor fai con brillantez e boa ironía, que non ten nada que envidiar a Cervantes, un retrato das desmsesuras dos oficiais da Primeira Guerra Mundial, e do sen sentido da guerra en xeral, e da Primeira Guerra Mundial en particular.
O propio Schewjk, é unha persoa inxenua e parva que podería librarse de ir a guerra, por incapacitado, pero prefire loitar polo que non é seu (tanto o Imperio como o emperador, xa que Schwejk non é austriaco senón checo pero isto non lle imposibilita servir ó imperio como a outros personaxes). E é aí onde empeza a súa odisea, sempre cunha anécdota a cada cal máis inverosimil na lingua, o seu talante servicial e sincero vai pasando pola oficina de reclutamento, o cuartel e o frente.
A medida que vai pasando a novela o protagonista parece cada vez máis parvo, pero pode ser tan parvo realmente? hai unha teoría que se basa en que en verdade é un redomado bromista que cos seus comentarios e anécdotas desarma e pon en evidencia a todo o que pretende avasalalo, ou por simple diversión. A verdade non queda clara , pero certo é que tolea a todo o mundo, e inmellorables son os fragmentos onde o acompaña o voluntario Marek, un vividor cun sentido do humor ácido como o de Schewjk.
En canto a miña opinión, non pode ser do todo completa xa que so lin a primeira parte (en Hespaña está editada a novela en dúas partes co mesmo título, aínda que creo que existe algunha edición con tódala novela completa), e a segunda aínda está no montón de próximas lecturas. Sen embargo nada nós fai pensar que a segunda parte cambie drasticamente, polo que atendendo á primeira parte podemos dicir que é un libro altamente recomendable congrandes doses de humor que che fan lelo ben a pesar do abultado das páxinas.
A maior pena que ten o libro é que o seu autor morrera antes de acabalo polo que termina de forma abrupta.

0 pensamentos:
Enviar um comentário