23/07/07

Enderezo descoñecido

Autor: Kressman Taylor
Título orixinal: Adress Unknown

Ano: 1938



A autora preséntanos un diálogo entre un xudeu americano e o seu socio alemán retornado a Alemania nos primeiros anos do nazismo, a través da técnica postal. Durante as diversas cartas veremos a evolución da súa vella amizade, que se verá trastornada pola ideoloxía nazi como se de un muro se tratase, separando ós dous amigos.

Na súa primeira publicación en Estados Unidos e Inglaterra en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía a situación dos xudeus alemáns xa dende a toma do poder do nazismo. Axiña obtivo vendas espectaculares, e foi traducido a outros países, ata que a subida dos nazis en Europa o borrou dos andeis. Sendo finalmente recuperado do seu olvido en 1995.

Hoxe en día, este libro non conta tanto con ese factor de reivindicación que tiña no pasado, xa que actualmente é sabido por todos os crimes do nazismo. Aínda así, o libro segue mantendo o recordo deses crimes para que non olvidemos, sendo escrito de forma sinxela sen dar demasiadas reviravoltas e cunha facilidade de lectura que fara que o lector non o solte ata acabalo (factor importante con isto tamén é que é un libro curto que se acaba en seguida).

2 pensamentos:

A Raíña Vermella disse...

Faláronme moi ben deste libro, pasrá á mesiña de noite, o problema é que teño unha lista de espera que nin o oculista

Fiach dubh disse...

Está bastante ben, incluso faite rir cunha parte aínda tendo en conta o contexto da historia. Ademais como é curtiño o rematas enseguida polo que aínda que teñas un bo montón de lectura atrasada o podes intercalar onde queiras que non che vai roubar moito tempo (seguramente nunha tarde o les).