Autor Arturo Pérez-ReverteTítulo orixinal: Cabo Trafalgar
Ano: 2005
Por mor dos douscentos anos da batalla de Trafalgar, Reverte preséntanos a súa visión dos acontecementos con gran rigor histórico misturado dunha novelización dinámica.
A obra é unha recreación mestra dunha batalla naval da época, así como da sociedade hespañola de 1805 como xa nos ten acostumados o autor con outras obras como o Capitán Alatriste.
A partir dun barco inventado dentro da escuadra franco-hespañola, o Antilla, Reverte recrea a loita desesperada que mantiveron estes homes; raiando moitas veces un patriotismo de certo grao exaltado (como ocorre no final do libro, case propio dunha peli iankee) que pode incomodar ó lector.
O libro conta ó seu favor cunha dinámica que chega a enganchar o lector en certos tramos, así como cunha descrición boa e concisa de como eran os barcos e as loitas navais da época ademais das reviravoltas dun imperio en decadencia.
En contra que en algúns anacos as descricións (tan propias do autor e das que é un mestre dentro da literatura hespañola) fanse demasiado pesadas; ademais da linguaxe que usan os personaxes demasiado moderna e que para min non acaba de cadrar coa obra nin co seu espírito, e a exaltación patria que fai cara o final que non cadra coa certa obxectividade dos datos históricos.
Pese ós defectos dos que conta, é unha obra fácil de ler que nos acerca a como foi aquela famosa batalla e cales foron as causas que a marcaron.

0 pensamentos:
Enviar um comentário