22/06/07

La Canción del Cazarrabo


Autor: Tad Williams
Título orixinal: Tailchaser´s Song
ano: 1985



O novo gato Fritti Cazarrabo, vivía placidamente na súa comunidade lacazaneando e curioseando. Pero un día a desaparcición da súa amiga Pata suave levarano nunha viaxe fantástica onde coñecera perigos que poden ameazar a vida de tódolos gatos, así como seres que son só lendas para el.

Tad Williams, consagrado no mundo da literatura fantástica pola súa triloxía de Añoranzas e pesares; preséntanos neste libro unha nova visión deses animais que están tan cerca de nós.

Introduce de forma coherente, e sen ter que acudir a ideas tipo o gato con botas, unha sociedade gatuna claramente establecida paralela a nosa xunto cos seus mitos, lendas e crenzas (graciosa sobre todo é a lenda de porque os gatos e os cans se levan mal). E lévanos por unha viaxe tanto de crecemento do personaxe, como iniciática cara o verdadeiro potencial do noso antiheroe; que se verá misturado en loitas tanto pola súa vida como pola dos seus conxéneres.

Estamos por tanto, diante dun relato típico da épica fantástica cun heroe que debe salvar ós seus, pero visto dende outra mira sen magos, seres sobrenautrais ou guerreiros. Se te gusta a literatura fantástica ou os gatos (ou os dous); é un libro altamente recomendable, xa que sen que absorba totalmente ó lector, engancha e entreten léndose ben e rápido.

0 pensamentos: