Boas!! este blog xurdiu dunha tarde en internet buscando novas lecturas. Despois de ver montóns de libros, caín na conta que non estaría mal unha páxina/blog que falase de que lle parecía a xente os libros que ía lendo.A inteción deste blog por tanto, é a de comentar as miñas lecturas para que a xente poida ver se se trata dun libro entretido ou non. Tes que ter claro que esta opinión é subxectiva, e non ten ningún ánimo de ser absoluta, so é o que me van parecendo a min eses libros e se agradacerán os comentarios tanto a favor ou en contra do que eu comente.
Para facer máis fácil o seguimento das obras, os posts contarán cunha pequena ficha, un resumo e logo o comentario de que me pareceu. Ademais cada libro será etiquetado con un campo por se alguén so quere ver libros de poesía por exemplo, para non facernos maiores líos os campos só serán: narrativa, teatro, poesía e ensaio.
Para acabar teño que sinalar que xa sei que se so opina un é moi aburrido, a parte de que abarca pouco polo que nun principio estaría aberto a se alguén quere colocar un post dun libro, ou facelo de forma regular. Ademais de comentarios de libros pode que colgue tamén algúns post sobre linguas minoritarias ou familias lingüísticas (despois de todo o blog titúlase encontros na babelia non?!) ou de cousas relacionadas coa rica diversidade lingüística que nos rodea é que está desaparecendo; isto dependerá do tempo ou ánimos que teña.
Para non estenderme máis que xa me estendín bastante, so desexar que disfrutemos todos deste blog.
Para non estenderme máis que xa me estendín bastante, so desexar que disfrutemos todos deste blog.
Unha aperta

0 pensamentos:
Enviar um comentário